A Congregación de RR. Filipenses Misioneiras do Ensino foi fundada en Mataró (Barcelona) o 21 de Novembro de 1858 polos irmáns Marcos e Gertrudis Castañer y Seda.
O fin específico da Congregación é a “Renovación cristiá da Sociedade” dacordo coas necesidades máis urxentes da Igrexa e con especial atención aos máis necesitados. Leva a cabo esta misión a través de obras de promoción humana e educación cristiá en Colexios, Residencias e Casas de Espiritualidade; colaboración en Parroquias e axuda a movementos eclesiais.
Ao ser San Felipe Neri fonte de inspiración da obra dos Fundadores, a espiritualidade da Congregación está impregnada do espíritu deste santo: oración, caridade, sencillez, liberdade e ledicia, xunto co amor a María, a devoción e fidelidade ao Espíritu Santo.
A mediados do S. XIX nace a Congregación para dar resposta ás necesidades concretas do mundo obreiro da cidade de Mataró. Permanece no ámbito de Cataluña os cincuenta primeiros anos para abrirse en 1907 a México e en 1914 a Castilla en España e a Cuba, berces as dúas fundacións de abundantes vocacións. A tarefa primordial ata mediados do S. XIX estivo orientada á pastoral educativa e social. A partir deste momento inicíanse en diversos países de Latinoamérica obras de carácter misioneiro e pastoral diocesana, feito que orixina que ao se celebrar o primeiro centenario, a Sta. Sé conceda engadir ao título de Filipenses o de “Misioneiras do Ensino“.
Actualmente a Congregación ten 44 comunidades e 20 Colexios. Exténdese por España e por diversos países de América: Méjico, Cuba, Chile, Colombia, República Dominicana e EE.UU. En 2008, as Relixiosas Filipenses estiveron presentes en Sudán do Sur (África) nun proxecto de promoción humana e relixiosa Intercongregacional.
“Sede bos se podedes, alegrádevos e non pequedes” “Ditosos vós mozos que tedes tempo de facer o ben”