Os pais constituímos unha parte importante do colexio e a nosa aportación a marcha do mesmo é importante.

    A Asociación de Pais de Alumnos do Colexio Filipense Sagrada Familia é unha asociación legalmente constituída que se rexe por uns estatutos e, entre as súas funcións pódense destacar as seguintes:

    - Estimular a colaboración dos pais co Colexio para acadar os fins sinalados no seu Proxecto Educativo.
    - Fomentar actividades de orientación que axuden aos pais na súa responsabilidade como primeiros educadores dos seus fillos (conferencias, charlas, escola de pais)
    - Facilitar a representación e participación dos pais de alumnos no Consello Escolar e Órganos Colexiados.
    - Promover actividades formativas, culturais e de estudio.
    - Canalizar as iniciativas e suxestións dos pais para a mellora da labor do Colexio, respectando sempre a autonomía da súa Dirección no que se refire a organización técnica, a actividade docente e formativa e demais funcións da súa competencia.

    Para todo isto, se necesita a participación de todos os pais porque en maior o menor medida, calquera pai ou nai da Asociación pode e debe aportar a súa colaboración para a consecución do principal obxectivo que é a EDUCACIÓN DOS NOSOS FILLOS.




    Ciclos Cursos Representante Cargo
    Educación Infantil 3 años Dna. Ana Rodríguez Giráldez Secretaria
    4 años Dna. Ángela Nogueira Portela Vocal
    5 años D. Miguel Tomé Rodríguez Vocal
    Educación Primaria Dna. Rocío Ares Reboredo Vocal
    Dna. Lisset Reirís Padín Vocal
    Dna. Maria José (Tete) Fresco Lopez Vocal
    D. José Barcala Rebollido Vocal
    Dna. Angela Padín Martínez Presidenta
    D. Miguel Angel Santorum Hermida Vocal
    Educación Secundaria D. Yolanda Osorio Álvaro Vicepresidenta
    D. Jose Luis Alba González Tesorero
    Dna. Marisol Varela Vázquez Vocal
    Dna. Inmaculada Rodríguez Mahia vocal
    Colegio Filipense Sagrada Familia
    Rúa Vista Alegre, 2 - 36600 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
    Tlf.: 986 500 375
    Email: apafilipense@hotmail.com

    A través do correo apafilipense@hotmail.com os pais poden contactar coa Xunta Directiva para manifestar as súas dúbidas, inquedanzas o suxestións sobre a educación dos nosos fillos.
    Pregamos que se indique o curso do neno en ASUNTO.