A nosa historia


    A Congregación de RR. Filipenses Misioneiras do Ensino foi fundada en Mataró (Barcelona) o 21 de Novembro de 1858 polos irmáns Marcos e Gertrudis Castañer y Seda.

    O fin específico da Congregación é a "Renovación cristiá da Sociedade" dacordo coas necesidades máis urxentes da Igrexa e con especial atención aos máis necesitados. Leva a cabo esta misión a través de obras de promoción humana e educación cristiá en Colexios, Residencias e Casas de Espiritualidade; colaboración en Parroquias e axuda a movementos eclesiais.

    Ao ser San Felipe Neri fonte de inspiración da obra dos Fundadores, a espiritualidade da Congregación está impregnada do espíritu deste santo: oración, caridade, sencillez, liberdade e ledicia, xunto co amor a María, a devoción e fidelidade ao Espíritu Santo.

    A mediados do S. XIX nace a Congregación para dar resposta ás necesidades concretas do mundo obreiro da cidade de Mataró. Permanece no ámbito de Cataluña os cincuenta primeiros anos para abrirse en 1907 a México e en 1914 a Castilla en España e a Cuba, cunas as dúas fundacións de abundantes vocacións. A tarefa primordial ata mediados do S. XIX estivo orientada á pastoral educativa e social. A partir deste momento inicianse en diversos países de Latinoamérica obras de carácter misioneiro e pastoral diocesana, feito que orixina que ao se celebrar o primeiro centenario, a Sta. Sede conceda engadir ao título de Filipenses o de "Misioneiras do Ensino".

    Actualmente a Congregación ten 44 comunidades e 20 Colexios. Exténdese por España e por diversos países de América: Méjico, Cuba, Chile, Colombia, República Dominicana e EE.UU. Dende 2008, as Relixiosas Filipenses están presentes en Sudán do Sur (África) nun proxecto de promoción humana e relixiosa Intercongregacional.

    “Sede bos se podedes, alegrádevos e non pequedes”
    “Ditosos vós mozos que tedes tempo de facer o ben”

    Marcos Castañer y Seda

    Nace en Mataró (Barcelona) o 13 de xullo de 1815 no seo dunha acomodada familia. O maior de tres irmáns, cursa os seus primeiros estudos no Colexio que os PP. Escolapios teñen nesa cidade. En 1835 ingresa no Seminario de Barcelona para seguir a vocación sacerdotal. Tres anos máis tarde péchase dito centro a causa da situación política española e decide ir a Roma a completar os seus estudos eclesiásticos.

    É ordenado sacerdote e, en marzo de 1839, celebra a súa primeira Misa na cidade eterna. Un ano máis tarde obtén o título de Misioneiro Apostólico e permanece en Italia ata 1845 exercendo o ministerio da predicación e ampliando estudos. Nestes anos toma contacto cos PP. Filipenses de Roma e queda cautivado pola vida e doutrina de S. Felipe Neri, fundador do Oratorio. Cando máis tarde funde a Congregación en 1858 daralle por Patrón a este santo florentino e as primeiras hermanas recibirán o título de "Hermanas de San Felipe Neri".

    Ademáis de Director das Congregacións Relixiosas en Mataró de 1846 a 1856 destácase polo seu celo apostólico, a súa preocupación pola xuventude e o seu amor a María Inmaculada, establecendo diversas Congregacións marianas ao longo da xeografía catalana. Os Exercicios Espirituais e retiros foron medios que utilizou para a evanxelización.

    Os seus principais escritos xiran en torno á Congregación: Constituciones (1865), están inspiradas nas da primeira Comunidade Filipense femenina de Roma (Oblate Filippine) e nos PP. do Oratorio. Instrucciones a las Hermanas y Sucinta Memoria (1864) onde expresa o porqué da fundación: a necesidade de dar resposta aos problemas sociais que orixina a nacente Revolución Industrial. Morre en Barcelona en abril de 1878.

    “Apóstolo é aquel que vive do AMOR e por Él despóxase de todo, poñéndose en absoluta dispoñibilidade ao servizo dos irmáns”
    Marcos Castañer y Seda

    Gertrudis Castañer y Seda

    Nace en Mataró (Barcelona) o 14 de agosto de 1824. É a pequena de tres irmáns aos que ve partir do seo familiar para seguir Marcos os estudos sacerdotais e Segismundo para entrar na orde dos Relixiosos Capuchinos. Orfa de pai dende os tres años crece ao lado da nai ata 1845 en que ingresa no Carmelo de Mataró, ao regresar o seu irmás Marcos de Italia.

    Non estaba nos plans de Deus o que Gertrudis abrazase a vida contemplativa, pois vese na obriga de sair do convento por enfermidade, antes da Profesión relixiosa. Lonxe de vivir este contratempo coma un fracaso, inicia na propia casa un apostolado de acollida de nenas pobres, para ensinarlles o Catecismo e darlles instrucción. Estas serán as bases en que se asente a futura Congregación.

    Ao morrer a súa nai en 1857, únense os dous irmáns nunha tarefa común, a fin de dar resposta a unha necesidade urxente da cidade de Mataró. A descristianización que conleva a nacente Revolución industrial e o ambiente deshumanizador que se respira nas primeras fábricas, é unha forte chamada ao seu xeneroso corazón.

    O 21 de novembro de 1858 inicia a súa andadura, de forma oficial, a nacente Congregación. Pronto queda pequena a casa solariega dos Castañer á que acuden máis de 300 nenas e mozos das fábricas e serventas da cidade.

    A Revolución de 1868 co destronamento de Isabel II priva aos Fundadores das súas propiedades e vense obligados a refuxiarse en Barcelona onde máis tarde continúan a obra. Gertrudis morre nesta cidade o 25 de maio de 1881.

    “ Madre Gertrudis soubo unir a tenrura dunha nai á firmeza dunha educadora segundo Deus”.
    “Coa súa singular sensibilidade feminina acollía ás obreiras mozas á saída das fábricas e talleres”.
    “Cada atardecer, a súa casa enchíase de ledicia e de festa”.

    Testimonios sobre la M. Gertrudis