Os Centros educativos FILIPENSES fundamentan a súa oferta educativa no dereito á educación e á liberdade de ensino que a nosa sociedade garante na Constitución.
A nosa proposta educativa
Os Colexios Filipenses ofrecen ás familias e á sociedade, unha colaboración na súa responsabilidade educativa mediante:
- Unha formación integral que axude aos alumnos a descubrir, potenciar e desenvolver as súas posibilidades personais, favorezca o crecemento da súa responsabilidade social e potencie o desenvolvemento da súa dimensión ética e trascendente.
- Unha opción pola financiación pública, segundo a lexislación vixente, garantindo así a gratuidade da educación, evitando toda discriminación por motivos económicos.
- La ensinanza da relixión católica, sempre como oferta respetuosa de cara á libertad dos alumnos, os profesores e as familias.
- O cultivo de valores tales como a liberdade, a xustiza, a solidariedade, a convivencia e a paz.
- O desenvolvemento, nas relacións, de actitudes de respecto, comprensión e tolerancia; acollida, ledicia, sentido de festa; Esforzo personal, colaboración; creatividade e compromiso.
Valores e actitudes dos cales o cultivo é urxente na nosa sociedade e aos que o home de hoxe é especialmente sensible.
Estilo educativo dos nosos Centros
Nos nosos Centros, dende unha concepción cristiá e participativa da educación, orientamos toda a ilusión e o esforzo, cara a consecución dunha auténtica Comunidade Educativa, onde tódolos seus compoñentes poñan en común obxectivos, ilusións e realizacións no marco de Proxecto Educativo.
Comunidade educativa
Quenes formamos a Comunidade Educativa integrámonos armónicamente a través dunha participación efectiva e dunha acción educativa coherente.
- A institución: Relixiosas Filipenses Misioneiras do Ensino, é a responsable de expresar e dar continuidade aos principios que definen o estilo educativo que ofrecemos.
- Os alumnos son protagonistas da súa formación, interveñen activamente segundo a súa capacidade, no seu proceso educativo, como un medio indispensable no desenvolvemento da súa personalidade e madurez.
- Os profesores son os principais responsables da dinámica escolar, ao estar directamente implicados na preparación, realización e avaliación do proxecto educativo.
- Os pais como principais responsables da educación dos seus fillos, prestan colaboración e apoio dentro da Comunidade Educativa, a través da súa representación no Consello Escolar e na Asociación de Pais.
- O personal de administración e Servizos, presta unha valiosa colaboración, asumindo diversas funcións imprescindibles para o bo funcionamiento do Centro.
Acción educativa
Propoñémonos no noso traballo educativo:
- Orientar aos alumnos no seu traballo formativo, mediante o estímulo e a axuda personalizada.
- Promover o descubrimento de valores e a formación de actitudes, como aspectos básicos da forma integral.
- Propoñer unha metodoloxía aberta e flexible, integrando os avances da Ciencia Pedagóxica e esixíndonos constante actualización, revisión e avaliación.
- Favorecer o desenvolvemento físico e educativo do propio corpo, consciente da importancia que tales aspectos teñen na educación.
- Estimular a práctica de destrezas, habilidades e técnicas de traballo que introduzan aos alumnos no ámbito do "saber facer".
- Proxectar a educación extraescolar e de tempo libre, de tal xeito, que os nosos Centros estén abertos nos seus espazos e tempos extraescolares, ofrecendo actividades e servizos que dan resposta aos intereses da Comunidade escolar tanto no aspecto lúdico, como no pastoral e social.
- Deseñar un proxecto coherente de avaliación, mediante o cal se verifica o nivel de calidade da nosa acción educativa e a educación da nosa pedagoxía ás necesidades dos alumnos.
O noso modelo de participación
A participación coordinada e responsable da Institución Titular - Relixiosas Filipenses Misioneiras do Ensino - os alumnos, os profesores, os pais e o personal de administración e servizos é a tarefa que dá sentido aos nosos esforzos e ilusións, tarefa que se resume en: "A formación integral dos alumnos".
Con este obxectivo:
- Levamos a cabo a participación de tódalas persoas e grupos que interveñen na vida escolar, axudándonos a construir a Comunidade e a realizar o Proxecto Educativo.
- Desenvólvese o Regulamento de Réxime Interno, que regula o funcionamento do centro e garante a adecuada coordinación de tódolos estamentos e persoas que interveñen na acción educativa.
- Promove a súa acción o Consello Escolar dando prioridade aos intereses globais por encima das conveniencias particulares, en diálogo e mutuo respecto.
O bo resultado da xestión é froito da competencia, disponibilidade, coherencia e capacidade de compromiso de todos e cada un dos que formamos a Comunidade Educativa Filipense.
Este documento e a síntese, que describe os rasgos máis importantes da Identidade dos Colexios Filipenses.
Esperamos que esta Proposta Educativa chegue a ser o eixo que faga converxer as ilusións pedagóxicas e a acción educativa de tódolos que constituimos a Comunidade Escolar.