A Misión
No Colexio Sagrada Familia colaboramos coas familias, a sociedade e a igrexa na tarefa da educación cristián. Ofrecemos:
-
Educación en valores
-
Calidade de ensinanza
-
Atención personalizada
A Visión
Desexamos axudar os nosos alumnos/as a que sexan persoas felices, activas e responsables, que desenvolvan as súas capacidades persoais para que as poñan ó servizo dos demais.
Queremos lograr que os alumnos/as dialoguen, pensen, elixan e que actúen con valores. Que sexan responsables e se esforcen no seu traballo diario. Que gocen facendo o ben e que sexan solidarios/as.
Os Valores
O proxecto educativo e a tradición pedagóxica filipense susténtase nos seguintes principios:
-
Vivencia dos valores humanos e evanxélicos
-
Educación integral para os nosos alumnos/as
-
Ensinanza actualizada e con visión de futuro
-
Compromiso social co noso mundo