Novas


20/04/16

MÁIS PAIS VEÑEN A COLABORAR NO DIA DO PROTAGONISTA E NO PLAN LECTOR DE EDUCACIÓN INFANTIL

Esta semana, tivemos novas visitas dos nosos pais e nais para participar no Día do Protagonista e no plan lector en Educación Infantil:
• En tres anos “B”! Esta semana tivemos dúas visitas: En primeiro lugar visitounos unha nai que nos contou un conto sobre un personaxe fabricado por ela mesma que se chamaba Popi, contounos como se sentía, e o que facía no seu día a día. Regalounos un Popi a cada un de nós, puxémolo moi guapo pegándolle gomets, e despois xogamos cos nosos Popis ao xogo de encestar e a facer música. PASÁMOLO MOI BEN! En segundo lugar visitounos, unha nai que coa axuda dunhas gafas moi especiais contounos en galego, o conto da Mosca Chosca. A mosca e aos seus amigos gustábanlle moito os doces, e a nós tamén, por iso a nosa convidada regalounos unha torta de “chuches” con forma de osiño. Tomámola na hora da merenda. MMM QUE BOA ESTABA!
• En catro anos “A” esta semana visitounos un pai de profesión bombeiro. Presentounos, explicounos e pudemos manipular o seu equipo de traballo ( roupa, casco, botas, lanterna... ). Dialogamos sobre as súas funcións, informounos que o 112 é o número de teléfono de contacto que se debe marcar en caso de emerxencia. Visionamos un vídeo no que se nos explicaba como debemos de actuar se nos atopamos cun lume. Entrégounos un casco e un carnet de bombeiro/a infantil. MOITAS GRAZAS!