Novas


19/04/16

A GARDA CIVIL VISITA O COLE

Este mércores, continuando coas visitas do día do protagonista, un pai de 3 anos “B”, que é Garda Civil, visitounos con dous dos seus compañeiros, trouxeron un coche patrulla, e unha moto do Servizo de Protección a Natureza. Disfrutamos da visita, todos os alumnos de Educación infantil, de 3, 4 e 5 anos. Os Gardas Civís, viñan vestidos co seu uniforme, e explicáronnos a diferenza entre a súa vestimenta e a da Policía. Despois pudemos montar na moto, tamén montamos no coche miramos polos seus prismáticos e tocamos a serea. QUE RUÍDO FACÍA! Finalmente fixemos as fotos en grupo, e agasalláronnos con caramelos. Pasámolo moi ben sentíndonos a Autoridade por un día. MOITAS GRAZAS POLA VISITA, E ATA OUTRA!