Novas


22/04/16

INFANTIL VISITA AOS BOMBEIROS

Esta semana os alumnos de Educación Infantil visitamos o Parque de Bombeiros de Vilagarcía. O mércores fomos os alumnos de 3 anos, cando chegamos os bombeiros estábanos esperando, ensináronnos a súa vestimenta: botas, pantalóns, guantes, casco, gafas e máscara, e fixéronnos unha demostración na que comprobamos con que rapidez son capaces de poñerse todo. Ensináronnos un dos camións do parque, as ferramentas que gardan nel, e que as veces son necesarias para rescatar as persoas, ou animais. Subíronnos no camión, e escoitamos as sereas. Despois un por un, probamos a usar a mangueira. A mestra Irene, que é moi valente animouse a subir pola escaleira. E finalmente chegou a espuma. PASÁMOLO XENIAL! Os alumnos de catro anos fomos o xoves e os de cinco anos o venres. Ao chegar, repartíronnos en dous grupos e fixemos un percorrido polas distintas dependencias. Vimos a sala onde reciben as chamadas, a cociña, o dormitorio,a sala de estar e o ximnasio. Subimos tamén a un camión enorme e vimos os materiais que levan alí dentro, un bombeiro explicounos todo o seu equipamento que levan posto e o fácil que é romper un cristal cun utensilio que parece un bolígrafo. Xa na sala de reunións explicáronos que hai que facer no caso de atoparse con lume e como saír dun lugar cheo de fume. O momento mellor foi cando imaxinamos que eramos bombeiros de verdade e estabamos apagando o lume coa mangueira e o casco. Na actividade da escuma desfrutamos moitísimo igual que cando vimos a unha “profe” que subía cun bombeiro no cesto da escaleira e, ían tan alto, que lles pedían que lles colleran unha nube. Por último déronlle a cada neno, como agasallo, un libro "Bombeiros de Galicia" ATA OUTRA!!!