O pasado xoves dous alumnos de 2º ESO: Oscar Victorero e Miguel Martínez participaron na XVIII Olimpíada Matemática.
A proba desenvolveuse en Pontevedra, ata onde nos trasladamos cheos de ilusión e coñecemento dispostos a amosar as nosas destrezas matemáticas.
Os alumnos tiveron que resolver problemas nun tempo de 2 horas sen máis axuda que o bolígrafo e a calculadora.
Nuns días coñeceremos se algún deles dá un paso máis e pode participar na Fase Final Galega que se desenvolverá en Lugo o día 19 de maio.