Novas


01/05/16

O MAIÑO MAIO É MOI PILLABÁN...

Os alumnos e as alumnas de Educación Infantil non queremos que se perda unha tradición ancestral da nosa terra que permite achegarnos á celebración característica da primavera en Galicia: a festa dos maios.
É por iso que, con moita ilusión recollemos coas súas familias xestas, fiunchos e flores silvestres para, logo, no colexio, entre todos nós confeccionar  os nosos maios. O tempo era pouco. Nada máis chegar pola mañá clasificamos o material e comezamos coa tarefa de sacarlle o talo ás margaridas para confecionar os colares aínda que algúns xa os trouxémos  feitos da casa. Pouco a pouco fómolos decorando ata conseguir uns maios realmente fermosos.
Mágoa nos dá ter que esperar un ano para voltar facer unha cousa así porque disfrutamos moito con esta actividade.