Novas


29/04/16

OS PAIS DE EDUCACIÓN INFANTIL SÉGUENSE ANIMANDO A VISITAR AS AULAS DOS SEUS FILLOS

Esta semana contamos de novo con máis visitas de pais e nais de Educación Infantil que nos veñen a contar a súa profesión no día do protagonista, ou que veñen a participar no plan lector contándonos un conto.


• En tres anos “A” tivemos a visita dunha nai dunha das nenas desta aula. Contounos un conto titulado: “Dani y Dino”. Estivemos moi atentos porque nos gustou moito a historia. Ao rematar tivemos unha sorpresa regalounos un cuadernillo Rubio a cada un de nós para que vaiamos practicando e consigamos chegar a ser pequenos escritores. Tamén nos regalou un libro cheo de contos para a nosa aula. ¡Moitas Grazas e Ata Outra!.


• En tres anos “B” esta semana tivemos dúas visitas:´
Unha nai dunha das nenas da aula contounos o conto “Os Tres Porquiños e o Lobo”. Confeccionou títeres da historia para cada un de nós e tamén nos regalou un conto desplegable para a aula. Finalmente fíxonos entrega duns carteis para poñer na porta dos nosos cuartos coa lenda: “¡Lobos Fuera!”
Outra das nosas nais veu a clase a contarnos un conto. Contounos o conto de “Rosita Mariquita” veu disfrazada de xoaniña con ás e anteniñas. E regalounos un bombón con forma de xoaniña para cada un de nós e un maletín confeccionado por ela e as súas fillas con forma tamén de xoaniña con moitas actividades para facer na aula. ¡Moitas Grazas!


• En catro anos “A” esta semana uníronse dúas familias para escenificar a historia de "O monstro das Cores" que nos mergullou na linguaxe das emocións. O monstro estaba feito un lío cos sentimentos ata que nós lle axudamos a ordear as cores que pertencían cada unha a unha emoción diferente e ao colocalas no seu sitio soubo o que sentía en cada momento. Todos interpretamos emocións e aprendemos a canción do monstro das cores. Para expresar o noso mundo emocional coloreamos ao monstro da cor que sentíamos nese intre e pegámoslle las de cores . ¡ Encantounos a Experiencia!


• En cinco anos “B”, tivemos a visita dunha nai que é veterinaria e explicounos en que consiste a súa profesión xa que hai varios tipos de veterinarios. Tamén nos contou que se encarga de que nas lonxas e matadoiros todo se manteña en orde e limpo e por suposto nos restaurantes, comedores...Explicounos como tratar aos animais e que hai que coidalos moito e aclarounos moitísimas dúbidas. ¡Grazas!