Novas


03/05/16

NA PEL DOS ANTERGOS

Os alumnos de 4º de Ed. Primaria fan una pequena viaxe no tempo ata a prehistoria. Tentan meterse na pel dunha persoa do paleolítico coa súa imaxinación. Debemos pensar como buscar a comida, que tecnoloxía poderiamos desenvolver para a caza ou a recolección cos poucos materiais que temos ao noso alcance, que poderiamos sentir nesa inmensidade de escuridade e perigos.
Pero nesa vida prehistórica tamén hai cores e inquedanzas artísticas. Os nosos alumnos, con materiais rudimentarios, tentan plasmar nas súas obras o poder da natureza, os animais e os fenómenos de maior interese no día a día. Utilizan alimentos, especias ou madeira queimada, entre outros, para deixar a súa pegada artística na historia.
Igualmente no patio, algúns aventúranse a realizar pequenas maquetas de construcións megalíticas coma o pequeno crómlech feito cos materiais do bosque.
Vaia vida máis dura era aquela…