Novas


06/05/16

NOVAS VISITAS DE PAIS E NAIS NAS AULAS DE INFANTIL

Esta semana contamos de novo con máis visitas de pais e nais de Educación Infantil, que nos veñen a contar a súa profesión no día do protagonista ou que veñen a participar no plan lector contándonos un conto.


• En tres anos “B”
Esta semana tivemos tres visitas:
- Un pai dunha alumna da nosa aula que traballa en BRICOMART, en Santiago, explicounos en que consistía o seu traballo e todos os produtos que se poden comprar nestes grandes almacéns de bricolaxe. Regalounos unha camiseta a cada un de nós e fomos para casa todos fermosísimos. MOITAS GRAZAS!
- Unha familia dun dós nosos alumnos: o seu pai, a súa nai, a súa irmá e o padriño desta, uníronse e contáronnos o conto “ A bañarse”. Encantounos a historia e as ilustracións do conto. Regaláronnos unha chocolatina e unha marioneta co protagonista da historia a cada un de nós. ATA OUTRA!
- Un pai dunha alumna que é Policía Local, explicounos en que consistía o seu traballo, explicounos a súa vestimenta, e para que usa todos os accesorios (porra, as esposas, o silbato...). Vimos dous vídeos de educación víal, que nos explicaban como cruzar as rúas sempre polos pasos de peóns, o uso dos semáforos, e a utilidade do cinto de seguridade. Regalounos a cada un de nós un carné de Policía Infantil e un silbato. GRAZAS!