Novas


08/05/16

O EQUIPO DE DEBATE DE 1º DA ESO SUBCAMPEÓN NO TORNEO DEBATE.CON

Este sábado celebrouse en Compostela a III edición do torneo Debate.con. Neste torneo de debate, para nenos de 1º e 2º da ESO, participaron dous equipos do noso colexio. Un de 1º da ESO formado por Gabriel Portas, Inés Alba, Raúl Barcala, Adrián Balsa, Duna Oubiña e Carlos Martínez, coordinado por Bruno Vila e Pablo Fernández; e outro de 2º composto por Sara Montero, Almudena Mesejo, Fernando Paredes, Antón Durán, Patricia Parafita e Miguel Martínez, coordinado por Yaiza Torrado e Adrián Bouzón.
Ambos equipos fixeron un papel extraordinario no torneo, cousa que ten moito mérito tendo en conta que os coordinadores foron alumnos de 3º da ESO con experiencia no eido do debate.
A xornada foi apaixoante e o equipo de primeiro sorprendeunos facéndose cun posto na final, que desputou contra o colexio Sek Atlántico de Poio. Esta vez non puido ser pero voltamos a casa coas pilas cargadas e xa con ganas de que chegue o próximo torneo.
PARABENS A TODOS E GRAZAS AOS PPAIS QUE NOS ACOMPAÑARON NA XORNADA!