Novas


10/05/16

ANTÓN MASCATO ACHEGA AOS NENOS DA ESO O LADO MÁIS HUMANO DE MANUEL MARÍA

Os alumnos dos catro cursos da ESO recibiron hoxe a visita de Antón Mascato, filólogo, editor e colaborador na organización dos actos das Letras Galegas co Concello de Vilagarcía . Facendo unha fermosa semblanza do autor homenaxeado nestas datas, os rapaces achegáronse ao lado máis humano e íntimo de Manuel María, baixo o punto de vista do amigo, compañeiro, estudoso e editor da súa obra.

O acto foi o primeiro dos programados no colexio para celebrar a semana das Letras galegas.