Novas


15/05/16

MANUEL MARÍA. O POETA DAS COUSAS MIUDAS

Achegándonos ao noso día, o día máis grande das nosas letras, veunos visitar ao noso centro Antón Mascato, filógogo galego-portugués que achegounos aínda máis a Manuel María, homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.
Fixo un percorrido pola vida e obra deste autor de numerosísimas obras que, como Antón nos contou, respondendo a unha pregunta dun dos nosos alumnos “para min é moi difícil escoller unha soa obra das súas. Ten moitísimas, e moitas delas moi boas!”

Moitas grazas por achegarnos tanto a esa poesía da nosa terra e quedámonos coa reflexión dun dos nosos alumnos, Pablo Castro: “Hai xente que fai poesía das cousas máis “insignificantes!”….quedémonos con iso, xa que as cousas “insignificantes” son as que nos fan realmente felices, e Manuel María, soubo facérnolo ver así!

Grazas Antón Mascato pola túa charla!!