Novas


16/05/16

"O LOBO QUE NON QUERÍA SER MALO" ENGAIOLOU AOS NENOS DE INFANTIL

O pasado venres os alumnos de Educación Infantil, desfrutamos dun contacontos moi especial. A editorial coa que traballamos agasallounos con esta visita tan esperada.
Os nenos de tres anos fomos as 12:30 H, os de catro as 13:00H e os de cinco anos as 13:30 H.
O conto titulábase “O lobo que non quería ser malo”, recordamos contos clásicos nos que aparecía o lobo como: “Os tres porquiños” ou “Os sete cabritiños”, pero esa vez o lobo protagonista era bo e tiña unha alimentación moi sa, solo comía froitas e verduras.
¡Gustounos moitísimo!