Novas


15/05/16

CONTINUAMOS COAS VISITAS DO DIA DO PROTAGONISTA E DO PLAN LECTOR EN EDUCACIÓN INFANTIL

Esta semana, tivemos novas visitas dos nosos pais ou familiares para participar no Día do Protagonista e no plan lector en Educación Infantil:


• En tres anos “A” tivemos unha visita dunha mamá que nos contou o conto, “El monstruo de los colores”. A visita foi nun día especial, o día do aniversario da súa filla, a historia encantounos, e estivemos varios días xogando cas cores e coas emocións. Regalounos unha bolsa de “chuches”. MOITÍSIMAS GRAZAS!


• En tres anos “B” Estiveron esta semana dúas familias:
Na primeira familia a nai, contounos mediante un conto as distintas fases da metamorfose da bolboreta, como primeiro é un ovo, despois se transforma nun gusano, despois se envolve é forma a crisálida e finalmente sae convertida nunha fermosa bolboreta. Foi un conto escrito e ilustrado por ela mesma, e deixóunolo na clase de regalo, para que o poidamos ver cando queiramos. Agasallounos cun Chupa Chus vestido de bolboreta. ATA A PRÓXIMA!
A segunda familia que nos acompañou esta semana é un pai dun dos alumnos que nos contou un conto sobre os indios, pero para meternos mellor no papel primeiro disfrazounos a todos de Indios, despois contounos o conto co que repasamos moitas das cousas que xa estudaramos na aula, como que os indios viven nas pradeiras americanas, que as súas casas chámanse tipis e son como tiendas de campaña, que lle gusta cazar bisontes, que se desprazan a cabalo ou polos ríos en canoa, que se maquillan e que poñen plumas. Ao rematar a historia fixemos un baile, e finalmente a danza da choiva, pero nesta ocasión foi a danza do sol porque aquí en Galicia choiva xa temos moita!
¡PASÁMOLO XENIAL!


• En catro anos “A” tamén tivemos dúas visitas: Unha nai explicounos a súa profesión de perruqueira. Todos nós manipulamos e descubrimos técnicas de peiteado, maquillaxe, pintado de uñas e desenvolvemos a nosa creatividade facendo prácticas en maniquís de cabeza con cabelo e útiles como peites, pinzas, coleteiros, etc. Reflexamos as nosas experiencias coloreando e decorando unha cabeza de cartolina. Levamos para casa un cepillo de dedo para o noso peiteado persoal.GRAZAS!
Outra nai tróuxonos a clase un taller de galletas e esinóunos a decoralas con fondant de cores.
Tivemos unha experiencia manipulativa moi forte, estiramos a masa con rodetes, cortamos con moldes, decoramos con láminas de debuxos, enganchámolas ás galletas aplicándolle auga cun pincel e decorámolas con moita creatividade. Levamos para a casa a receita de galletas de manteiga moi ilusionados porque vamos a poder seguir practicando coas nosas familias. ATA OUTRA!