Respondendo á petición dalgúns pais de 3º da ESO poñemos á vosa disposición a información ofrecida na reunión que se celebrou o 12 de maio.
En primeiro lugar os vosos fillos deberán elixir para cursar 4º da ESO:
• Unha destas dúas opcións:
“Opción de ensinanzas académicas para a iniciación ao bacharelato”: este itinerario está enfocado para os alumnos que queiran facer un bacharelato.
Nesta opción terán:
- Matemáticas orientadas ás ensinanzas académicas
- Bioloxía e Xeoloxía
- Física e química
- Latín
- Economía
“Opción de ensinanzas aplicadas para a iniciación á formación profesional”: este itinerario está indicado para os alumnos que queiran facer un ciclo.
Nesta opción terán:
- Matemáticas orientadas ás ensinanzas aplicadas
- Iniciación á actividade emprendedora e empresarial
- Tecnoloxía
- Ciencias aplicadas á actividade profesional
É importante á hora de decidir ter en conta que aqueles alumnos/as que queiran facer bacharelato deberán, obrigatoriamente, examinarse na reválida de 4º da materia “Matemáticas orientadas ás ensinanzas académicas” (aínda que non fora esta a opción cursada en 4º ESO) e, os alumnos/as que queiran facer un ciclo, deberán examinarse da materia “Matemáticas orientadas ás ensinanzas aplicadas” (aínda que non fora esta a opción elixida en 4º ESO).
• Por outra banda, ten que escoller dúas materias das seguintes:
Cultura clásica (sempre que non a cursara en 3º ESO)
Ed. Plástica
Música
Francés (poden elixila aínda que a cursara en 3º ESO)
Tecnoloxías da información e da comunicación
Unha do bloque de troncais non elixida (tanto pode ser da opción de ensinanzas aplicadas como de ensinanzas académicas)
Tendes á vosa disposición no apartado CIRCULARES/SECUNDARIA desta web os cadros de optativas e do sistema educativo que se utilizaron na reunión. Tamén podedes consultar, neste mesmo lugar, un documento cos bloques temáticos das materias que son novidade para o ano que ven e os tres posibles itinerarios do bacharelato coas súas materias.