Novas


19/05/16

JACOBO E MARCOPOLA

O pasado venres 13 de maio, os nenos/as de 1º de Ed. Primaria tivemos a sorte de recibir a visita de Jacobo Fernández, autor de libro “As orixes de Marcopola” Gustounos tanto o libro, que desfrutamos un montón con esta actividade. Ademais ensinounos e mostrounos moitas cousas sobre o seu traballo: como fai os bocetos dos debuxos, como os pinta a man,como é o proceso de elaboración do libro,…
Tamén nos adicou un debuxo-mural que temos na clase e nos asinou o libro que traballamos no curso.
Por último, e como sorpresa, nos ensinou en primicia a carátula da nova aventura de Marcopola (a 4ª entrega).
Esperamos poder seguir contando con el nos vindeiros anos, porque o pasamos xenial!