Novas


20/05/16

"GALIZA SOMOS NÓS, A XENTE MÁIS A FALA, SE BUSCAS GALIZA, EN TI TES QUE ATOPALA"

Nas últimas dúas semanas todo o centro volcouse en render xusta homenaxe a nosa terra.
Como sabedes o 17 de maio, día das nosas letras, adicouse este ano a Manuel María e isto servíu tamén para achegar a súa obra e o seu amor por Galicia aos nenos. Creo que todos, dende os máis cativos de infantil ata os mangallóns da ESO, poderon sentir nestes días o orgullo de ser galego.
Grandes murais, realizados polos nenos de infantil decoraron o cole. Co soniquete do himno galego de fondo fixeron marcapáxinas co retrato de Manuel María e cun dos seus poemas e bandeiras de Galicia. Ademais cada curso, a través de fichas profundizou nunha temática: traxes típicos, xogos tradicionais, biografía de Manuel María...
En primaria algúns alumnos recibiron aos pais, a primeira hora da mañá, vestidos co traxe rexional e regaláronlles marcapáxinas feitos por eles. Tamén realizaron preciosos murais sobre Manuel María, sobre os instrumentos musicais da tradición galega... Lecturas de poemas, presentación en ppt sobre o escritor homenaxeado foron só algunhas das moitas actividades realizados.
Por outro lado os maiores do cole recibiron a charla de Mascato sobre Manuel María e a visita de Paula Carballeira, que tamén estivo contando contos a alguns nenos de primaria. Aproveitando está última visita anunciáronse os gañadores do concurso de cartas de amor e de carteis. No primeiro dos concursos levou o primeiro premio Pablo Vicente de 3º ESO B, o segundo Duna Oubiña de 1º B e o accésit Lucía Vázquez de 2º A; No segundo a victoria foi para Adrián Bouzón de 3º A. Como colofón, os alumnos de 4º da ESO, encheron o mércores as rúas de Vilagarcía coas súas voces cantando un poema de Manuel María.
Todos estes actos para facer gala da nosa terra
Viva Galicia!