Novas


20/05/16

CADEIRAS CON ARTE

Na Semana da Educación Artística, o noso Centro colaborou co proxecto do Liceo Casino de Vilagarcía con dúas cadeiras para homenaxear a figura de Joseph Beuys.
O proceso de elaboración das mesmas culminou cunha combinación de arte e natureza que decorou, dun xeito especial, a rúa Castelao da nosa vila.
Nos próximos días poderase seguir visitando esta exposición noutros lugares: Santiago de Compostela, Illa de Arousa, Cambados e Vilanova.
Agardamos que sexa do voso agrado.