Novas


20/05/16

NOVAS VISITAS DE PAIS E NAIS ÁS AULAS DE INFANTIL

Esta semana contamos de novo con máis visitas de pais e nais de Educación Infantil, que nos veñen a contar a súa profesión no día do protagonista ou que veñen a participar no plan lector, contándonos un conto.


En catro anos “A” tivemos a visita dun pai de profesión construtor que nos falou da importancia das nosas vivendas e o necesario do coidado das cousas que nela temos.
Xogamos a construír a nosa propia casa, debuxando e coloreando as partes exteriores, as dependencias, cada moble no seu lugar e ás súas propias familias. UNHA EXPERIENCIA XENIAL!


En cinco anos “B” tivemos a visita dun Capitán Pirata, que viña de máis aló dos sete mares, a buscar pequenos grumetes para formar a súa tripulación, e todos nós mostrámonos voluntarios.
Explicounos a vestimenta dun pirata e tróuxonos todos os accesorios precisos para converternos en pequenos bucaneros. Puxemos gorro, parche, anel, e colar. Unha vez xa coa vestimenta posta cantamos a canción favorita do capitán: “Somos Piratas e non temos medo a nada”.
A continuación contounos o conto : “En busca do tesouro perdido”.
E logo fixemos a nosa propia búsqueda do tesouro, como agora xa sabemos ler, leemos na pizarra dixital unha serie de pistas que nos indicaban como encontrar o tesouro escondido na aula.
Finalmente encontramos o noso tesouro, tratábase dun cofre con moedas e perlas preciosas para cada un de nós.
O Capitán despediuse e deixounos tamén un diploma pirata e un debuxo para colorear.
ATA OUTRA CAPITÁN, AQUI ESPÉRATE A TÚA PEQUENA TRIPULACIÓN!