Novas


21/05/16

PARTE DO PROFESORADO COMPLEMENTA AS SÚAS HABILIDADES DOCENTES CUN CURSO DE EDUCACIÓN EMOCIONAL

Ao longo deste curso parte do profesorado do centro tivo a sorte de asistir ao curso de Educación Emocional impartido por Elanvital (centro de investigación e pedagoxía emocional)
Iñaki Lascaray e Ana Bayón, con unha grande experiencia as súas costas, foron os encargados de presentar os dous módulos de curso, que xiraron en torno á competencia emocional docente e á xestión emocional da aula e a didáctica das emociones, respectivamente.
Con claro carácter práctico traballaron distinas estratexias e dinámicas para aplicar na aula. Os asistentes confirman que foi unha moi gratificante experiencia e que esperan ser capaces de traballar na liña da educación emocional pola que aposta o colexio.