Novas


25/05/16

ÓSCAR VICTORERO NA FASE FINAL GALEGA DA OLIMPIADA MATEMÁTICA

Grazas ao bo resultado obtido en Pontevedra el 21 de abril cando o noso alumno Óscar Victorero  de 2º ESO conseguiu pasar a Fase de Zona da Olimpíada Matemática para 2º ESO.
O xoves pasado viaxamos ata Lugo para competir na Fase Final Galega. Fixemos a viaxe xunto con outros 5 participantes de centros da zona de Pontevedra.
Foi un día matematicamente moi entretido: pola mañá os 40 alumnos que pasaron a esta fase fixeron a proba no Círculo das Artes de Lugo; logo fomos todos xuntos a comer e pola tarde, a organización tiña preparada unha “ginkana” matemática coa colaboración dun grupo de teatro. O obxectivo era descubrir a catro matemáticos vidos doutra época que se perderan na Plaza Mayor da cidade. Ás 18:00 reunímonos na Deputación onde repartiron bos agasallos para todos os participantes e deron a coñecer o nome dos 3 finalistas que viaxarán a Santander para participar na Fase Nacional.
Non houbo sorte nesta última parte do día xa que ningún dos 6 que viaxabamos xuntos resultou seleccionado, pero dende logo tanto profes como alumnos coincidimos en que pasaramos un día estupendo e que ter chegado alí xa era un gran motivo de satisfacción.