Novas


02/06/16

PROCESIÓN E OFRENDA FLORAL COA NOSA NAICIÑA DO CEO

Os nenos de Educación Infantil e os nenos de 1º e 2 º de Educación Primaria, pechamos o mes de maio, que é o mes de María, o mes da Nosa Naiciña do Ceo, levando en Procesión a nosa Virxe e facéndolle unha ofrenda no bosque. Dende os máis cativos de tres anos ata os rapaces de 2 º de Primaria, seguimos a María en Procesión polo bosque, ao chegar alí, adicámoslle poesías, fixemos oracións, cantámoslle cancións e ofrecémoslle ramos de flores e diferentes traballos feitos na aula, despois seguimos en procesión a María de novo ata o colexio e despedímonos dela lanzándolle moitísimos bicos. A Nosa Naiciña do Ceo está moi leda, con todo o agarimo que lle mostramos.