02/06/16
VIVA SAN FELIPE!
Os nenos de Educación Infantil celebramos o día do noso padroeiro dunha forma moi especial, a primeira hora da mañá visitamos a capela do noso colexio, alí honramos a San Felipe con cánticos e oracións, e fixémoslle diferentes ofrendas, os nenos de 3 anos ofrecémoslle os xoguetes cos que xogamos cada día na aula, os nenos de 4 anos ofrecémoslle unhas cariñas sonrintes co noso nome como símbolo da Alegría do noso Padroeiro, e os de 5 anos ofrecémoslle unhas flores.
Despois disfrutamos dunha sesión de contacontos, escoitamos o relato “O Parruliño Feo”.
E xa nas aulas desfrutamos do tradicional bolo e chocolatina, agasallo da congregación de relixiosas. ¡mmm... estaban moi bos!