Novas


02/06/16

OS DE 4º DE PRIMARIA PENSAN EN VERDE

Este ano os alumnos de cuarto de primaria , na excursión de fin de curso , decidimos facernos un chisco ecoloxistas e decidimos ir a “ Eco Granxa Escola Xanceda”e á Aula da Natureza e Museo das Brañas de Valga –Mesía. Os nosos nenos puideron disfrutar dunha experiencia nova, xa que endexamais lle deron o biberón a uns “pochos”de poucos meses de vida.Viron como se lles sacaba o leite as vacas , como as alimentaban, e o máis importante , con que agarimo as coidaban. Puideron ver como se fabricaban os iogures que tanta sona teñen, así como a elaboración dos queixos da zona. Foi unha visita onde os nenos participaron en varias tarefas en relación co gando. Tiveron , ademais contacto con outros animais que viven na granxa e informáronnos dos problemas cotiás que alí teñen (ataques de lobos incluídos). Saíron moi ledos desta visita , xa que tamén nos agasallaron con algúns dos seus produtos. Despois de xantar , foi a quenda das elaboracións artísticas co barro.( fixéronse moitas figuriñas ) Estivemos na lagoa de Mesía , onde nos deron unha fermosa visita guiada polos arredores dela. Vimos o museo do barro e nas diferentes salas puidemos aprender os seus diferentes usos . Que ben o pasamos!!!