Novas


07/06/16

NOVAS VISITAS NO DÍA DO PROTAGONISTA

Esta semana, tivemos novas visitas dos nosos pais ou familiares para participar no Día do Protagonista en Educación Infantil:


• En tres anos “A” Tivemos unha visita inesperada. ¡Qué sorpresa tan divertida! Contounos o conto do Galo Quirico. Un conto que coñece ben, xa que fixo él a adaptación. Escoitamos atentos as aventuras do vermiño e do Galo Quirico, que ía a voda do tío Perico. Ao rematar agasallounos cunha figura dos ollos do Galo Quirico, tamén deixounos no cole o libro e o CD do conto e unhas cartas e sobre para poder debuxar. Como nos gustan tanto os contos, contounos tamén o conto da nena de cor verde.
¡MOITÍSIMAS GRAZAS! VOLVE SEMPRE QUE DESEXES AO NOSO COLE.

• En tres anos “B” Tivemos dúas visitas:
 Un pai que nos tocou a guitarra na aula.Tivemos un pequeno concerto, cantounos cancións en inglés de cantantes famosos como Enrique Iglesias, tamén nos cantou cancións infantís das que nos coñecemos como “El patito amarillito”, “O maiño-maio”, “O himno galego”...Despois deixounos tocar a guitarra un anaquiño a cada un de nós. E deixounos un debuxo de notas musicais para colorear.
 Unha nai que nos fixo unha sesión de ganchillo na clase. Pudemos ver en directo como facía un poliño coas súas ás, o seu peteiro, a coliña e os olliños. Era toda unha mestra facendo ganchillo a unha velocidade de vértigo. Agasallounos cun chaveiro en forma de poliño para cada un de nós e tamén con caramelos.
¡MOITAS GRAZAS, ENCANTÁRONNOS AS DÚAS VISITAS!

• En catro anos “A” " contamos coa visita dunha nai de profesión enfermeira, que os introduciu no seu labor principal que é coidar á xente, quitando medo ás picadas, informounos da importancia dos hábitos de hixiene, alimentación, seguridade..Tamén nos explicou o porqué das vacinas para previr, cómo e ónde poñer unha inxección, o proceso de circulación do sangue, de extracción para analizala e detectar enfermidades, o tensiómetro e practicamos a posición lateral de seguridade. Levamos para as nosas casas materiais para practicar facendo curas, poñendo inxeccións, aplicando cremas...
UNHA EXPERIENCIA ENRIQUECEDORA!

• Visita compartida de 5 anos “A” e tres anos “A”
Un pai dun neno de tres anos “A” e dunha nena de cinco anos “A”veu ao colexio a amosarnos que é o que lle gusta facer no seu tempo libre. Fomos todos ao baixo teito e alí, o pai e máis unha amiga, explicáronnos como tratar cos cans e fixéronnos unha demostración das cousas que lles ensinaron. Estivemos todos moi emocionados, sorprendidos e participativos. Ata as nosas mestras quedaron abraiadas. Foi unha actividade xenial. Trouxemos diploma para o papá e agasallos para todos , tamén para os dous peludiños que tanto nos fixeron sorrir.
Moitísimas grazas por ensinarnos cousas novas e por facernos pasar un rato tan divertido.
¡ATA SEMPRE RAPACES!

• Visita compartida de 5 anos “B” e tres anos “B”
Un pai e unha nai dun neno de 3 anos “B” e dunha nena de cinco anos “B”, contáronos un conto escrito polo propio pai, e ilustrado polos dous nenos. Contaba a historia da princesiña Sara e do príncipe Pedro, a Princesa tiña medo da escuridade pero acabou superándoo.
Para que a nós non nos pase iso agasalláronnos aos nenos das dúas aulas cunhas lanternas de formas moi chulas, con forma de pelota e con forma de galletas de diferentes cores.
¡MOITÍSIMAS GRAZAS, POR TODO!