Novas


08/06/16

BYE, BYE CONOR! por Alicia Nartallo e Carlota Méndez

Bueno Conor, chegaches en outubro e marchas en xuño. Nunca esqueceremos  todos estes meses que estivemos xuntos aínda que só tivésemos os mércores para coñecerte mellor, sempre nos saudabas cando nos vías polo colexio ou pola rúa. Botaremos en falta aquelas semanas nas que che preguntábamos cousas sobre a túa vida para facerche un mural “sorpresa”. Lembramos tamén o primeiro mércores que viñeches á nosa clase e Nerea o primeiro que che dixo foi que te parecías a Shagie de Scooby Doo e ti botaches a rir. Ese día contáchesnos cousas sobre a túa familia, a túa cidade, a túa universidade…  Aprendimos moito contigo sobre a túa cultura e sobre a túa lingua e esperamos que ti tamén aprendeses moito español. Agardamos que o pasases moi ben con nós e que che gustasen as nosas celebracións na escola como a última de San Felipe.
Un gran abrazo de parte de todos e todas.
Querémoste, Conor!
Por: Alicia Nartallo Marcos e Carlota Méndez Barros 1º ESO A