Estes días as aulas de quinto curso de primaria convertéronse nunha axencia de viaxes.
Os nosos alumnos fixeron os seus propios folletos turísticos dos sitios máis desexados: Cancún,París, As Illas Baleares, Venecia, Londres… e cidades máis próximas a nós como as Illas Cíes, Vigo, A Coruña… todos lugares fermosísimos e con grande atractivo turístico, pero sobre todo, un grandísimo traballo dos nosos alumnos.
Tamén convertéronse por varios días en auténticos arquitectos. Elaboraron fantásticas pontes onde no só se valoraba a estética senón tamén a estrutura e consistencia.
Ademais, viaxamos no tempo ata a Idade Moderna para coñecer algúns dos seus personaxes máis importantes: Colón, Gutenberg, Newton, Mozart, Cervantes… para iso, cada neno investigou sobre un personaxe. Coma sempre, primaba a información pero tamén a orixinalidade da exposición.
E como todo esforzo ten a súa recompensa, aqueles traballos que máis se axustaron aos criterios pedidos, recibiron un pequeno agasallo.
Estes son os finalistas:
Folleto turístico: Pablo Martínez e Héctor ( 1º premio), Andrea Fernández ( 2º premio) e Rocío Fernández ( 3º premio).
Pontes: Carlota Guillán e Lola Díaz ( 1º premio), Olalla Santorum e Alba Doval (2º premio) e Diego Bello e Irene González ( 3º premio).
Idade Moderna: David Ferreira e Carla Rodríguez ( 1º premio), Carmen Alcalde e Ana De Castro ( 2º premio) e Itziar Fresco e Alba Doval ( 3º premio).