Novas


13/06/16

CONTINUAMOS COAS VISITAS DO DIA DO PROTAGONISTA E DO PLAN LECTOR EN EDUCACIÓN INFANTIL

Esta semana,  tivemos novas visitas dos nosos pais e nais  para participar no Día do Protagonista e no plan lector en Educación Infantil:


• En tres anos “B”
Esta semana tivemos a visita dunha nai que traballa nunha xoguetería, explicounos en que consiste o seu traballo. E contounos todos os xoguetes e demáis cousas que podemos mercar na súa tenda. Tróuxonos como agasallos un catálogo de xoguetes e un peto para ir aforrando e poder mercar o que máis nos guste. MOITAS GRAZAS POLA VISITA!

• En catro anos “A” 
Esta semana visitounos un pai taxista e unha nai mariscadora.
 O pai explicounos que conduce un taxi, que é un servicio público que          transporta a unha ou a un grupo pequeno de non máis de catro persoas aos destinos que lle soliciten e que tamén cooperan cos ambulatorios e hospitais. Informounos da forma correcta de subir ao taxi, do uso do cinto, das ferramentas que utilizan como radio, teléfono, GPS, taxímetro... Coloreamos o seu propio taxi e levamos como agasallo un coche e un imán.
UNHA  FERMOSA EXPERIENCIA!
A nai díxonos que se dedica a recoller marisco, que necesita roupa e botas de auga especiais. Falounos dos berberechos, ameixas, vieiras... das bateas, da súa estrutura de madeira, de como están adheridos os mexillóns nas cordas, de como se izan coa axuda do guindastre dos barcos. Ensinounos   "A rianxeira", cantámola tocando as cunchas de vieira que nos  trouxo como agasallo e coloreamos un barco. ! UNHA EXPERIENCIA MOI DA NOSA GALICIA MARIÑEIRA!

• En catro anos “B”
Visitáronnos  dúas nais que, dun xeito moi atractivo e, a través dun taller de froita, animáronnos a comela tódolos días porque é moi necesaria na nosa alimentación. Tiñamos tres modelos para elixir a brocheta que podiamos facer: un boneco de neve, un barco ou un verme. A creatividades estivo presente.
A algúns gustounos  tanto que repetían mentres que outros disfrutaron realizando a actividade.
MOITAS GRAZAS, MAMÁS!