Novas


14/06/16

INFANTIL VIAXA AO MÁIS PROFUNDO DO OCÉANO

Este martes os nenos e nenas de tres e de cinco anos, fomos de excursión de fin de curso ao Acuario do Grove.
Ao chegar repartíronnos en pequenos grupos e coa axuda e explicacións dos guías percorremos todas as instalacións.
Poidemos ver todas as especies que viven no noso océano: troitas, tartarugas, sargos, moreas, escachos, estrelas de mar, tiburóns, medusas...
Nun pequeno taller poidemos tocar coas nosas mans diferentes tipos de estrelas do mar.
Despois dun percorrido por todo o acuario, visitamos a planta alta, alí poidemos ver un gran esqueleto de balea, e diferentes osos de animais mariños. Concienciáronnos  do bo uso que temos que facer das nosas praias, e da importancia de recoller todas as sustancias de refugallo ao acabar as nosas visitas, xa que do contrario irían a parar ao mar e perxudicarían a vida de moitas especies mariñas.
Como fomos tan boiños as nosas mestras mercáronnos uns agasallos.
Como chovía fomos ao Pavillón Municipal de Monte da Vila, alí tomamos a merenda que nos levaron as mestras, galletas de chocolate, gusanitos, galletas de cerais, biscoitos, auga e zumes.
Logo tiñamos previsto ir a aldea Grobbit da illa da Toxa, pero non pudemos facelo á causa da choiva. Visitamos a illa pero non saímos do autobús.
Logo voltamos para o noso “cole”.
UNHA AVENTURA DIVERTIDÍSIMA E TODOS QUEDAMOS CON GANAS DE REPETILA!