Novas


10/06/16

OS DE 5º FOMOS A MARCELLE

A PASADA SEMANA OS NENOS E NENAS DE 5º CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA FOMOS DE EXCURSIÓN A MARCELLE.
TIVEMOS A OPORTUNIDADE DE GOZAR NUN ENTORNO NATURAL EXTRAORDINARIO COMO NON HAI OUTRO EN GALICIA.

PUIDEMOS VER DIFERENTES ANIMAIS COMA O DROMEDARIO, O CAPUCHINO, A CEBRA,….. PERO SEN DÚBIDA O QUE MÁIS NOS GUSTOU FORON OS ANIMAIS DA RESERVA: AS AVESTRUCES, OS CANGUROS… XA QUE NESE ESPAZO OS ANIMAIS GOZAN DE ABSOLUTA LIBERDADE; PUIDEMOS TOCALOS, DARLLES DE XANTAR, …..

ADEMAIS GOZAMOS DUNHA ENTRETIDA EXPOSICIÓN ARTÍSTICA CON OBRAS REALIZADAS EN MADEIRA E PEDRA QUE COMPLEMENTAN A VISITA AO PARQUE.

OUTRA PARTE IMPORTANTE QUE OS MONITORES NOS EXPLICARON FOI A ELABORACIÓN DE DISTINTOS PROGRAMAS QUE COBREN AS NECESIDADES FÍSICAS E PSICOLÓXICAS DOS ANIMAIS, QUE CONTRIBÚEN AO BENESTAR ANIMAL E AO ENRIQUECEMENTO AMBIENTAL.

Á HORA DE XANTAR XUNTÁMONOS TODOS OS GRUPOS  NUNHA ZONA NO MEDIO DO PARQUE ONDE COMPARTIMOS AS NOSAS EXPERIENCIAS COS OUTROS GRUPOS (TIRO CON ARCO…)

AS VISITAS SEGUIRON POLA TARDE TENDO UN TEMPO PARA PODER MERCAR ALGÚN AGASALLO NA TENDA DO PARQUE ANTES DE MARCHAR.

EN DEFINITIVA, UNHA EXCURSIÓN  MOI “ANIMADA”!!!!