Novas


17/06/16

OS DE 5º VISITAN AS INSTALCIÓNS DE CLESA

O pasado venres, os alumnos de quinto de primaria tivemos a oportunidade de visitar a fábrica galega Clesa, en Caldas de Reis. Das mans de Quique e Carlos, ilustradores e traballadores de Clesa, puidemos coñecer o ciclo do leite: como vai o leite das granxas, como chega á planta de procesado de Clesa e como finalmente fanse os iogures. A través dun pequeno conto que Quique contaba e Carlos ilustraba á vez e escoitando, pintando e preguntando, aprendemos canta xente depende do sector leiteiro na nosa comunidade. Ademais, tivemos a oportunidade de degustar uns riquísimos iogures de chocolate e agasalláronnos con máis iogures e contos para todos. Unha visita moi divertida que os nenos de quinto recomendamos sen dúbida.