Novas


20/06/16

GRAN DEBATE FINAL

Hoxe tivemos un día moi intenso en quinto de primaria. A pesar de xa rematar os nosos exames, somos xente con moitas inquietudes e decidimos aproveitar ao máximo o noso tempo este curso, xa a piques de rematar, e organizar un Concurso de Debate. E como as cousas ben feitas, ben parecen, decidimos facer un debate de verdade. Con xuíces e todo!!!!! Con esta tarefa axudáronnos os mestres de secuandaria Rubén e María Nogueira, así como tamén tres dos seus alumnos, verdadeiros expertos xa neste tipo de concursos: Bruno Vila, Paula González e Uxía Paz Os nosos xuíces, ao final dun dificilísimo debate elixiron a o equipo gañador do concurso que resultou ser o equipo de 5ºB con Ana de Castro, Manuel Blanco e Lola Díaz, aínda que os representantes de 5º A, Pablo Castro, Andrea Fernández, Carlota Guillán e Carmen Alcalde puxéronlles as cousas moi difíciles. A pesar de que so uns poucos de nós puidemos representar ao grupo, o resto tivemos a oportunidade de facer unha rolda de preguntas para, dalgún xeito, poder participar todos no debate. Ao final mestres e alumnos gozamos dunha xornada diferente e moi enriquecedora.