Novas


06/10/16

DÚAS MAZÁS IGUAIS

Pola mañá a primeira hora os alumnos de 5º de primaria realizaron unha dinámica todos xuntos co claro obxectivo de prever conflitos na clase e situacións de acoso ou bullying. Estando os 54 alumnos nunha roda o mestre ensina dúas mazas case idénticas. É certo que unha un pouco máis pequerrecha e cun pequeno golpe no lateral. O mestre explica que a mazá bonita é a súa favorita, encántalle a súa compaña e nunca permite que lle ocorra nada. Nembargantes, a outra mazá non lle cae especialmente ben e usualmente fala mal dela porque é pequena e ten certas imperfeccións. Soe incitar aos compañeiros a que se metan con ela. Logo, o mestre, insta aos alumnos a que, un por un, poidan insultar ou golpear a esa mazá imperfecta porque non é do seu agrado. Cada alumno tivo a mazá nas súas mans e as reaccións foron do máis dispares. Ao rematar realizouse unha reflexión do ocorrido e das diferentes formas de actuar de cada neno/a. Mentres que algúns desafogaron sobre a mazá a súa rabia outros simplemente a pasaban ao seguinte alegando que non tiñan que facerlle nada a esa mazá. Como ideas centras da posterior reflexión os rapaces conseguiron explicitar as seguintes: - En moitas ocasións nos deixamos levar polas palabras ou sentimentos doutra persoa (neste caso o mestre que incitou a un comportamento cara a mazá). - Debemos reflexionar sobre o que facemos escoitando a nosa voz interior. Non deixarse levar polo grupo. - A mazá podemos extrapolala aos compañeiros/as da clase reflexionando sobre as diferentes accións que realizamos día a día na nosa interacción social. - A reiteración dunhas accións negativas sobre unha persoa pódenlle causar danos irreparables. Comparando as dúas mazás ao final da dinámica quedou graficamente retratada como pode estar por dentro unha persoa acosada. Este traballo en prevención evita problemas maiores que poidan xurdir nun futuro e son moi útiles para reflexionar sobre pequenas accións non graves na aula pero que poden acadar unha maior dimensión se entre todos non lle poñemos remedio.