Novas


12/10/16

RESULTADO TORNEO SAN FRANCISCO E MARIANA

Coma xa sabedes a semana pasada xogamos un torneo deportivo co Colexio San Francisco. As instalacións de Fexdega acolleron o evento, no que se disputaron encontros de fútbol, baloncesto e brilé. Os rapaces e rapazas pasaron unha magnífica xornada deportiva na que se repartiron tanto as victorias como as derrotas a partes iguais. Aínda que, como de costume, cabe sinalar que o resultado era o de menos e o importante é participar e disfrutar da experencia. Deixovos unha foto de todos os asistentes.