Novas


13/10/16

39ª CARREIRA PEDESTRE SANTIAGO

O domingo, 30 de outubro, celébrase a “39ª Carreira Pedestre Popular de Santiago”. Dende o Colexio animamos a todos os alumnos/as a participar neste importante evento do calendario atlético galego. O departamento de Educación Física do centro facilita a información e a inscrición na actividade pero será tarefa das familias que o neno/a participe na proba. É dicir, os pais/nais sodes responsables de atender ao voso fillo/a, levalo, traelo, acompañalo á saída, esperalo na chegada, etc. A saída da carreira terá lugar ás 11:30 na Avenida Xoán XXIII e a chegada será na Praza do Obradoiro, despois de facer un recorrido de 7km polas principais rúas de Santiago. Os corredores deberán estar colocados 15 minutos antes na liña de saída, polo tanto ás 11:15 (sede puntuais que hai moita xente). A inscrición ten un custo de 3€. Para formarlizar a mesma, será preciso entregar ao profesor a autorización asinada, cos datos debidamente cumprimentados e o importe correspondente, antes do 19 de outubro (atoparedes a autorización no apartado CIRCULARES/CENTRO desta web) Nos días previos á proba facilitarase o material que precisan os corredores: un chip (colócase no tenis, entrelazado nos cordóns) e un dorsal (colócase no peito, suxeito con imperdibles) que será obrigatorio levar durante toda a carreira. Ademais cada participante recibirá tamén unha camiseta conmemorativa do evento e unha medalla, se chega dentro do tempo de control. Veña animádevos e ide entrenando! Se precisades máis información podedes consultar o regulamento oficial da proba aquí (apartado categoría escolar):

Fuente: https://championchipnorte.com/uploads/eventos/reglamento-57fb3254504d08.18913850.pdf