Novas


22/10/16

VI TORNEO PANOS BRANCOS CONTRA A DROGA

O vindeiro venres, 28 de outubro, a Fundación Galega Contra o Narcotráfico organiza o “VI Torneo Deportivo Panos Brancos Contra a Droga”. Con tal motivo, convidan aos institutos e colexios concertados de Vilagarcía a disputar uns encontros deportivos, co fin de fomentar hábitos saudables entre os xóvenes. A actividade terá lugar no Complexo Deportivo de Fontecarmoa, entre as 10:00 e a 13:30, e enfrontará aos distintos centros en partidos de fútbol e baloncesto. Dende o departamento de Educación Física estase realizando o proceso de selección dos xogadores que representarán ao noso Centro nos encontros. Tamén serán os encargados de portar a bandeira, asinada por todos alumnos da ESO, co lema “1000 razóns para dicir non as drogas”. En breve comentarémosvos como foi a experiencia.