Novas


27/10/16

“SOY YO”

Os alumnos de 5º de Primaria, no Dia da nena, realizaron diferentes reflexións sobre o empoderamento e a autoconfianza tomando como referencia o vídeo “Soy yo” de Bomba Estereo Nestas idades a confianza nun mesmo é moi importante xa que é un dos pilares principais da autoestima e da imaxen de si mesmos que están a forxar. A través da letra e das imaxes os alumnos foron reflexionando sobre diversos aspectos que os medios de comunicación transmiten de forma implícita ou explícita: os canons de beleza, a importancia de pertencer a un grupo, diferenzas entre deporte masculino e feminino, debemos ser todos iguais, ter que ser sempre o mellor / disfrutar co que fas etc. Tras ler por grupos os traballos, os alumnos escolleron por votación aqueles que máis lle gustaron ou consideraron de maior relevancia. Puidemos escoitar e debater algúns dos razoamentos recollidos nos traballos: - “Quen debe dicir como ten que ser a miña imaxe son eu” - “Por desgraza non se valoran (nin se lle da a mesma repercusión) aos deportes masculinos e femininos”. - “O máis importante é quererse a un mesmo” - “Sempre hai xente que me quere. Quérome a min mesmo?”. - “Ter seguridade quita o medo ao fracaso e veste capacitado para facer todo”. - “As películas, as series e a televisión din como debemos ser pero non son a realidade”“SOY YO” Os alumnos de 5º de Primaria, no Dia da nena, realizaron diferentes reflexións sobre o empoderamento e a autoconfianza tomando como referencia o vídeo “Soy yo” de Bomba Estereo Nestas idades a confianza nun mesmo é moi importante xa que é un dos pilares principais da autoestima e da imaxen de si mesmos que están a forxar. A través da letra e das imaxes os alumnos foron reflexionando sobre diversos aspectos que os medios de comunicación transmiten de forma implícita ou explícita: os canons de beleza, a importancia de pertencer a un grupo, diferenzas entre deporte masculino e feminino, debemos ser todos iguais, ter que ser sempre o mellor / disfrutar co que fas etc. Tras ler por grupos os traballos, os alumnos escolleron por votación aqueles que máis lle gustaron ou consideraron de maior relevancia. Puidemos escoitar e debater algúns dos razoamentos recollidos nos traballos: - “Quen debe dicir como ten que ser a miña imaxe son eu” - “Por desgraza non se valoran (nin se lle da a mesma repercusión) aos deportes masculinos e femininos”. - “O máis importante é quererse a un mesmo” - “Sempre hai xente que me quere. Quérome a min mesmo?”. - “Ter seguridade quita o medo ao fracaso e veste capacitado para facer todo”. - “As películas, as series e a televisión din como debemos ser pero non son a realidade”