28/10/16
O SAMAÍN CHEGA E CON EL AS CABAZAS
O samaín chega ao colexio e con el as cabazas. Os nosos nenos de Educación Infatil e Primaria dannos a oportunidade de poder disfrutar de verdadeiras obras de arte empregando como base esta sinxela e tradicional hortaliza; temos unha enorme variedade de recreacións: carruaxes, hamburguesas, robots, emoticonos, minions…sen esquecer, por suposto, as tradicionais bruxas, morcegos e vampiros.
O resultado do labor destes rapaces cos seus pais impresiona, tanto pola cantidade como pola calidade das recreacións e, dende aquí, queremos amosar o noso agradecemento a todas as familias que colaboraron con esta xa tradicional exposición e aos profesores implicados na organización da mesma.
Os que aínda non puidestes disfrutar dela, tedes a derradeira oportunidade hoxe! Non volo perdades!