Novas


07/11/16

PRIMEIRO DE PRIMARIA NO OUTONO MICOLÓXICO

Os nenos de 1º de Primaria, coma tódolos anos, quixemos participar no concurso de debuxo escolar organizado pola Agrupación Micolóxica A Cantarela. Cada neno , fixo un debuxo onde non podía faltar o tema principal: a seta. Coma podedes observar, isto de debuxar aos nenos de 1º dáselles moi moi ben. A súa imaxinación e interese foi enorme. De tódolos debuxos, só puidemos seleccionar a uns poucos e ,aqueles que resulten finalistas, estarán expostos na Sala de Exposicións do Auditorio do 13 ao 26 de novembro.