Novas


27/10/16

NOTICIEIRO DA CLASE DAS TARTARÚGAS E DOS CANGREXOS

Este primeiro mes de clase, os nenos/as de 2° fixemos moitas actividades. Ademais descubrimos que este curso as clases temos nomes especiais. A clase de 2°A é a das tartarugas e a de 2°B a dos cangrexos. Estes dous animaliños acompañarannos en todo o relacionado coa biblioteca. Ademais algunhas das actividades máis destacadas foron as seguintes( dalgunhas podedes ver fotos abaixo): - Axudar coa decoración das clases, que este ano ten temática de fondo mariño. - Busca dun nome para a nosa mascota: unha tartaruga. Tamén falamos das súas características e dos coidados necesarios. A tartaruga de 2°A chámase "Lupita" e a de 2°B "Puppy". - Recorremos o fondo mariño convertidos en submarinistas e inmortalizamos o momento nun Photo Call, como as estrelas de cine. - Participamos nos primeiros días, en moitas actividades que foron de reencontro para os que xa nos coñecíamos e de acollida para os nenos/as novos: cancións, xogos, bailes... Unha das que máis nos gustou foi a da "Tea de araña"- Aproveitando o bo tempo saímos ao bosque na procura de froitos de outono. Atopamos castañas, landras e ata aguacates, algúns dos cales, despois usamos para facer estampacións en Plástica. - Tamén tivemos unha sesión de "ecopercusión", na que desfrutamos dos sons que fan os distintos materiais. Agora estamos preparando novas actividades, que proximamente veredes. Esperemos q non vos asustedes facilmente porque....estase achegando o Samaín/ Halloween.