Novas


17/11/16

ALUMNADO DE 4º DA ESO PARTICIPA NO TORNEO YOUNG BUSINES TALENTS

Seis equipos de alumnos/as da materia Iniciación á actividade emprendedora e empresarial de 4º da ESO comezaron esta semana a súa participación no torneo Young Business Talents. Esta é a primeira vez que o centro participa nesta actividade na que o alumnado, a través dun simulador empresarial, poderá practicar tomando todo tipo de decisións e vivir o que se vive ao xestionar unha empresa. Moita sorte aos nosos emprendedores/as!