Novas


11/11/16

O NOSO MAGOSTO

Os rapaces de 5º e 6º de Primaria celebramos o magosto o venres a partires das 12:00 da mañá. Comezamos facendo no patio de arriba un campionato de xogos tradicionais no que participaron a maior parte dos alumnos. Os xogos elexidos foron: corda, peonza, chapa e canicas. De seguido pasamos á parte do noso chalet onde o señor Juan como todos os anos xa tiña asadas as castañas que os profes nos serviron nos cucuruchos de papel que fixéramos na clase. É un día que nos encanta a todos rapaces xa que compartimos momentos moi bonitos con todos os compañeiros. Agora toca esperar ata o ano que ven no que xa seremos alumnos da ESO Pablo Castro 6ºA Héctor Santana 6ºB