Novas


28/11/16

CAMPIONATO ZONAL DE CAMPO A TRAVÉS

Despois de varios cambios por fin temos data para a celabración do “Campionato Zonal De Campo A Través”. Celebrarase o venres, 2 de decemnro e coma ven sendo habitual, no circuito da Azucareira de Portas. Dende o departamento de Educación Física fixemos unha selección de corredores dende 4º de EP ata 3º da ESO para participar nas distintas categorías. Podedes botarlle unha ollada ao listado de inscritos e tamén deixamosvos o plano do circuito e os horarios. Moita sorte a todos e visitádenos a semana que ven para ver os resultados.