28/11/16
CONCELLEIROS POR UN DÍA
O luns 21, os alumnos de 6º visitamos “o concello” con motivo da celebración do día internacional dos “Dereitos do neno”.
Anteriormente preparamos un traballo sobre un dereito, sendo escollido o“Dereito á familia”.
O chegar fomos recibidos polo xefe de protocolo, que nos explicou cal ía a ser a dinámica da actividade. Seguidamente os nosos compañeiros elixidos como concelleiros, xuraron o seu cargo fielmente pola constitución.
A continuación elixiron á alcaldesa, que se atopaba entre os concelleiros. OS cales falaron sobre un dereito cada un.
O cabo dun tempo, o alcalde de Vilagarcía deunos unha sorpresa coa súa presencia.
Ao rematar os discursos, o xefe de protocolo aclarounos as dúbidas que tiñamos, e incluso sacamos fotos co alcalde.
Cando chegamos á clase, falamos e reflexionamos sobre o pleno.