Novas


01/12/16

27 ALUMNOS/AS DA ESO PARTICIPAN NA 1º FASE DO II TORMEO DE ORATORIA EXPRESS

Ao longo desta semana veuse desenvolvendo no Centro a primeira fase do II Torneo de oratoria express. Participaron 27 alumnos e alumnas de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO e cada orador/a dispuxo de 50 minutos e dun ordenador para preparar a súa intervención. Transcorrido ese tempo, compareceron diante dos seus compañeiros/as de aula (que actuaron como xuíces/as) para expoñer a súa postura a favor ou en contra da cuestión formulada. Os vencedores e vencedoras de cada un dos cursos foron: Guillermo Martínez (1º da ESO), Inés Alba (2º da ESO), Fernando Paredes (3º da ESO) e Adrián Bouzón (4º da ESO). Estes alumnos/as enfrontaranse na final que se celebrará o mércores 7 de decembro, durante o acto de homenaxe ao Estatuto de Autonomía e á Constitución Española. A actividade ten como obxectivo fomentar a capacidade dialéctica do alumnado, as súas habilidades para a oratoria e a súa capacidade de argumentación, buscando, ademais, coa modalidade de “express”, conferirlle o plus da inmediatez.