Novas


09/12/16

INFORMACIÓN SOBRE OS FESTIVAIS DE PANXOLIÑAS

Recordámoslles as datas e horarios dos festivais de Panxoliñas que se celebrarán no Auditorio: Xoves 15 dec. ás 17:00 h. Alumnos de Ed. Infantil Venres 16 dec. ás 17:00 h. Alumnos de 1º a 4º de Ed. Primaria Venres 16 dec. ás 19:30 h. Alumnos de 5º e 6º Prim. e Ed. Secundaria Entregaranse 5 entradas para cada familia para a sesión de Ed. Infantil e 4 entradas para ás familias de Primaria. Para o último festival controlarase o aforo na entrada do auditorio. Pola experiencia de outros anos sabemos que sobran asentos. Como debemos mellorar na orde e a seguridade durante a celebración dos festivais, ninguén pode ocupar as escaleiras, nin acceder ao escenario ou acercarse a varanda cerca do foso para sacar fotografías.Non se permitirá gardar asentos para as persoas que no estean presentes. Os alumnos permanecerán cos profesores durante o festival. Indicarémoslles os lugares para recoller aos nenos, polo que non deben saír da sala ata o termo do mesmo, de non ser que lles sexa preciso ausentarse. Como outros anos o ANPA organizará unha escolta para a Cabalgata dos Reis, con alumnos a partires de 4º de Primaria e facilitaranse os traxes. Os nenos máis pequenos só poden asistir acompañados dos seus pais. Dende o 7 ao 14 de decembro os alumnos poden traer alimentos para Cáritas, colaboración que agradecémoslles no nome das familias máis necesitadas. As clases terminan o día 21 de decembro e comezamos o 2º Trimestre o día 9 de xaneiro. Reciban un cordial saúdo. A DIRECCIÓN